PUBLICIDADE

Cariño apoia a conciliación cun campamento de Semana Santa

PorBisbarra

Martes, 18 Febreiro 2025 , , ,
O campamento de Semana Santa desenvovlerase no CEIP Fraga Iribarne.O campamento de Semana Santa desenvovlerase no CEIP Fraga Iribarne.

O Concello de Cariño ofrece un campamento de Semana Santa para contribuír á conciliación das familias con nenos e nenas. Así, proporciona unha alternativa de ocio educativo durante as vacacións escolares. O programa, “Campamento Concilia Cariño Semana Santa”, está dirixido ás familias con crianzas de entre 3 e 12 anos, que deben estar escolarizadas.

O campamento urbano desenvolverase os días 14, 15, 16, 17 e 21 de abril, en horario de 9:30 a 14:30 horas, no CEIP Manuel Fraga Iribarne. O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de febreiro e hai un límite de 36 prazas. Este servizo ten un prezo de 16 euros por neno ou nena, pero habilitaranse descontos para familias con máis dun menor inscrito.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.