PUBLICIDADE

Ares constitúe unha Mesa de Saúde Local

PorBisbarra

Martes, 18 Febreiro 2025 ,
Os axentes da Mesa de Saúde Local de Ares reuniranse periódicamente.Os axentes da Mesa de Saúde Local de Ares reuniranse periódicamente.

O Concello de Ares constituíu unha Mesa de Saúde Local, entidade que agrupa aos principais axentes relacionados coa promoción da saúde no municipio. Así, creouse na Alianza Aresana e aglutina ao Goberno local, coa presenza das edís Alma Barrón e Victoria Montenegro; asociacións locais de carácter cultural-deportivo ou veciñal, centros educativos, a Rede Galega de Promoción da Saúde da Área Sanitaria de Ferrol (REGAPS) e profesionais do sector relacionados coa localidade.

O obxectivo principal da Mesa é servir como instrumento de diagnose da vila en materia de promoción da saúde e posta en marcha de hábitos saudables. Baseándose nunha relación colaborativa, os axentes que a integran reuniranse periodicamente para crear estratexias e proxectos que melloren o benestar da veciñanza. Así mesmo, analizarán as problemáticas de saúde e coordinarán os recursos dispoñibles para formular novas actuacións.

Na primeira sesión, os representantes da Mesa estableceron as dinámicas iniciais para detectar necesidades da poboación de Ares. Asemade, presentáronse algunhas propostas e establecéronse as accións prioritarias a levar a cabo no municipio no tocante á promoción da saúde.

PUBLICIDADE

Así, o novo organismo da Mesa complementa o conxunto de actuacións públicas que desenvolve o Concello de Ares no tocante ao benestar da súa veciñanza, como parte da súa participación na Red Española de Ciudades Saludables (RECS).

Estas propostas municipais abranguen dende a programación lúdico deportiva á Academia AresXSalud, o programa de envellecemento activo, o equipo de remo as Sereas das Mirandas ou a materialización de infraestruturas saudables, que priorizan a socialización e o movemento a pé, como os itinerarios escolares seguros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.