PUBLICIDADE

A surfista Candela Pérez recibe unha homenaxe polo subcampionato Europeo Sub-10

A surfista Candela Pérez durante a homenaxe do Concello polo seu subcampionato Europeo de surf Sub-10 que logrou en decembro (Fotos: César Galdo)A surfista Candela Pérez durante a homenaxe do Concello polo seu subcampionato Europeo de surf que logrou en decembro (Foto: César Galdo)

O Concello de San Sadurniño rendeu homenaxe á nova surfista Candela Pérez que se proclamou, o pasado decembro, subcampioa de Europa de surf Sub-10

O Concello de San Sadurniño vén de render unha homenaxe, a pasada fin de semana antes do partido de volei de Super División Masculina, á nova surfista Candela Pérez Dopico que, o pasado mes de decembro, proclamouse subcampioa de Europa de surf na categoría Sub-10 en Tenerife.

A subcampioa europea de surf, Candela Pérez, recibiu como agasallo un cadro obra de Carlos García Romero, ademais dunha camiseta do Club Aldebarán San Sadurniño asinada por todos os xogadores do primeiro equipo, e coa mensaxe: “Noraboa por facer historia”.

Candela Pérez recibiu o aplauso de todo o pavillón, dos xogadores do Aldebarán e do Arona Playa de los Cristianos -moi preto do lugar no que a surfeira acadou a prata no Europeo de surf- e das súas compañeiras do equipo RSM Surf School de Pantín, auténtica canteira de surfistas de primeiro nivel.

PUBLICIDADE
O Concello e o Aldebarán agasallarón á subcampioa Europea cun cadro e unha camiseta do club de volei (Foto: César Galdo)
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.