PUBLICIDADE

ALTRI pecha a compra de Greenalia Forest e Greenalia Logistics a Smarttia e reforza a súa presenza en Galicia

PorBisbarra

Mércores, 14 Maio 2025 , , , ,
Autor

Altri pechou a compra a Smarttia de Greenalia Forest, unha das principais empresas do sector forestal na comunidade, e de Greenalia Logistics, operación que anunciou o pasado mes de xaneiro e que supón un paso estratéxico no seu proceso de expansión en Galicia.

Con esta adquisición, Altri reforza a súa presenza en Galicia e reafirma o seu compromiso coa comunidade local e os seus socios.

Actualmente, a actividade de Altri en Galicia, enfócase de cheo no sector forestal e esta nova adquisición permitirá potenciar esta actividade, para achegar valor a este sector estratéxico para Galicia e continuar traballando polo desenvolvemento sostible e a valorización dos recursos naturais desta comunidade.

PUBLICIDADE

A compañía seguirá colaborando con provedores locais que adopten as mellores prácticas de xestión forestal, fomentando a creación de emprego e impulsando o aumento da produtividade forestal actual en Galicia, así como o desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma.

A operación está aliñada cos valores fundamentais de ALTRI, entre os que se atopa a sustentabilidade, o equilibrio e o respecto pola conservación e preservación dos recursos naturais. Esta operación vén reflectir o propósito da compañía de avanzar na construción dun mundo máis renovable, achegando valor ás comunidades locais e fortalecendo a economía da súa contorna.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.