A media maratón que une Palas de Rei e Melide polo camiño de Santiago celebrouse esta pasada fin de semana.
En categoría masculina o primeiro posto do pódium foi para Amadeo Abal, o cambadés logrou unha marca de 1h:13:49, o segundo para Worknenh Fikire e o terceiro para Ismael Viéitez.
No ámbito feminino o primeiro lugar ocupouno Emma Méndez cun crono de 1h:22:44, a continuación entrou en meta Sara Castillo e completou o podio Gemma Martín cun tempo de 1h:27:06.
Na proba curta de seis quilómetros que se desputa dende o lugar do Coto e ata Melide os gañadores foron José Canda e Tina Fernández cun tempo de 20 minutos e 17 segundos o primeiro e 24 minutos e 22 segundos Fernández.




