PUBLICIDADE

Ames aproba a licitación das obras para a construción dunha nova ponte en Piñeiro

PorBisbarra

Martes, 31 Marzo 2026 , , ,
A través de dito proxecto preténdese a substitución da obra de drenaxe existente por outra que garanta a seguridade peonil e do tráfico rodado no viario

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras para a construción dunha nova ponte sobre o río Anduriña, afluente do río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro. O orzamento base de licitación ascende a 60.380,31 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á primeira fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e infraestruturas municipais.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras para a construción dunha nova ponte sobre o río Anduriña, afluente do río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro. O orzamento base de licitación ascende a 60.380,31 euros (IVE incluído).

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que este “proxecto recolle as obras necesarias para a construción dunha nova ponte sobre o río Anduriña, afluente do río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro. A obra localízase nun viario municipal, de aproximadamente 3 metros de ancho, onde o paso sobre o río Anduriña está resolto mediante unha obra de drenaxe transversal de formigón e con aletas tamén de formigón”.

PUBLICIDADE

Ademais, Gustavo Nieto explica que “a insuficiente capacidade hidráulica desta ponte sumada a diferentes episodios climáticos adversos, acontecidos nos últimos tempos, provocaron asolagamentos do camiño no que se localiza e o colapso parcial da ponte, polo que é necesario a construción dunha nova obra de drenaxe transversal”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.