PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As mulleres do rural protagonizan o almanaque de 2025 de San Sadurniño

PorBisbarra

Martes, 31 Decembro 2024 , ,
O almanaque recolle trece instantáneas sacadas da mostra “Historias das nosas: arando memoria”.O almanaque recolle trece instantáneas sacadas da mostra “Historias das nosas: arando memoria”.

O Concello de San Sadurniño adica o almanaque de 2025 ás historias das mulleres do rural. Así pois, recolle trece instantáneas saídas da mostra “Historias das nosas: arando memoria”, organizada polas áreas de Cultura e Igualdade con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais.

Esta exposición foi resultado dunha actividade participativa que propuña buscar fotos antigas que reflectisen dalgún xeito o papel da muller no desenvolvemento do concello. Despois, tomáronse instantáneas nos mesmos lugares superpoñéndoas co mesmo encadre sobre os escenarios actuais. A finalidade era reivindicar as mulleres como sustento do rural, ademais de propor unha reflexión colectiva sobre o paso do tempo, os dereitos conquistados e os que aínda faltan por conquistar.

Deste proxecto saíu unha vintena de imaxes achegadas pola veciñanza coas que logo se montou unha exposición na columnata do patio interior da casa consistorial. Dende o Goberno local explicaron que pretenden poñer en valor “ás mulleres que sosteñen e acompañan coidando, que traballan na casa e tamén fóra, pero tamén que folgan e que gozan de reunirse e pasalo ben; mulleres rurais que loitan por ter aquí servizos, que terman das tradicións e da cultura local, que se esforzan por manter a rede veciñal e que traen innovación ao noso concello”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de San Sadurniño fixo unha tirada de 300 almanaques que poden recollerse de balde ata esgotar existencias na Casa da Cultura ou no rexistro municipal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.