O Concello de Ribadavia inicia o ano con dúas novas actividades para a veciñanza. A finalidade e fomentar a aprendizaxe continua e o ocio saudable.
Por unha banda, un curso de competencias dixitais. Trátase da actividade Dixigal de BIG Formación, en colaboración co Concello de Ribadavia. E un programa gratuíto de formación en competencias dixitais. Así pois, ofrece a oportunidade de mellorar as habilidades dixitais e obter unha titulación oficial. Este curso ten unha duración de 12 días e impartirase de luns a venres, presencialmente, de 9:00 h a 14:00 h. Os módulos abranguen a busca e xestión da información dixital, a creación de contidos dixitais, a comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, a resolución de problemas no entorno dixital e seguridade e civismo no entorno dixital. Ao finalizar o itinerario o alumnado recibirá un dispositivo tecnolóxico como agasallo.
No tocante ás clases de baile, serán impartidas polo instrutor federado Juan Fernández. Darán comezo o 1 de febreiro e tamén terán unha duración de 12 días. A actividade impartirase os sábados no polideportivo O Consello e estará dividida segundo idades e modalidades. Así pois, ensinarase baile de verbena, bachata e salsa. Neste caso, o custe do programa será de 25 euros ao mes por un curso, 45 euros por dous e 55 euros ao mes polos tres.