PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As obras das Pías en Ferrol manterán as prazas de aparcamento en Caranza

PorBisbarra

Xoves, 28 Novembro 2024 , ,
Imaxe da reunión de seguemento da humanización das Pías.Imaxe da reunión de seguemento da humanización das Pías.

Co gallo de realizar seguimento das obras de humanización da avenida das Pías FE-14, celebrouse unha reunión na oficina da rúa Venezuela. A ela acudiron o alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela; a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; e técnicos do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

Durante a mesma, o rexedor reiterou cuestións que preocupan aos veciños e veciñas como a eliminación de 14 prazas de estacionamento en Caranza. Desde o principio, o Concello defendeu que a ampliación de zonas verdes é imprescindible, pero ten que ser compatible con non perder aparcadoiros e incluso gañar prazas de estacionamento. Na reunión informouse de que a demanda do Goberno local e da veciñanza será aplicada, mantendo as prazas de aparcamento existentes e aumentándoas en tres, ata un total de 17 prazas.

AXUSTES TEMPORAIS DO TRÁFICO NAS PÍAS

Por outra banda, segundo a información trasladada polos técnicos do Ministerio, o vindeiro cambio no tráfico rodado producirase o luns 2 de decembro, cando se procederá á pavimentación da nova glorieta da rúa Nova de Caranza e conexións coas rúas adxacentes, Isto obrigará a pechar o actual by-pass rodado. O cruce peonil da FE-14 será reposto nas inmediacións da nova glorieta en execución. Esta modificación manterase ata o 20 de decembro. Neste sentido, o rexedor trasladou a súa preocupación no que respecta ao cumprimento dos prazos para que o barrio de Ultramar non quede sitiado por segundo ano consecutivo no Nadal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Por último, Rey Varela agradeceu a predisposición por parte da subdelegada e Demarcación de Estradas así como das entidades veciñais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.