PUBLICIDADE

Avanzan as obras no CPI San Sadurniño

PorBisbarra

Martes, 25 Agosto 2026 , , ,
As obras de mellora do CPI San Sadurniño están financiadas pola Xunta con 47.500 euros.As obras de mellora do CPI San Sadurniño están financiadas pola Xunta con 47.500 euros.

As obras de mellora do CPI San Sadurniño avanzan segundo a previsión. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o centro. Fíxoo acompañada polo director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Santiago Freire; e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García. Alí, mantiveron un encontro coa directora do centro, Ana María Brea.

Segundo explicou Aneiros, trátase de traballos puntuais que afectarán a estruturas de diferentes espazos destinados ao alumnado de primaria. Ademais, as obras desenvolveranse no tellado do ximnasio que utilizan os estudantes de secundaria.

As actuacións están financiadas polo Goberno galego con case 47.500 euros. Segundo as previsións, rematarán neste mesmo mes, antes do comezo das clases.

PUBLICIDADE

“A educación é unha prioridade para a Xunta, e manter os nosos centros educativos nas mellores condicións é clave para acadar espazos óptimos para a formación das novas xeracións”, destacou a delegada.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.