PUBLICIDADE

Barbadás convoca axudas para persoas con celiaquía ou intolerancia á lactosa

PorBisbarra

Mércores, 16 Xullo 2025 , , , ,
Con esta medida, Barbadás pretende axudar a adquirir produtos específicos que adoitan ser máis caros.Con esta medida, Barbadás pretende axudar a adquirir produtos específicos que adoitan ser máis caros.

O Concello de Barbadás convoca axudas económicas para persoas celíacas ou con intolerancia á lactosa. Así, convértese no único concello de Galicia en contar con este tipo de subvencións. O Goberno local puxo en marcha esta liña de axudas hai máis dunha década. O obxectivo é mitigar o elevado custe que aínda teñen os alimentos sen glute e sen lactosa.

Segundo Elisabet González Nistal, concelleira de Servizos Sociais, preténdese axudar ás familias que teñen que adquirir produtos cun prezo máis elevado, “sobre todo nun momento no que o custe da cesta da compra está disparado”. As persoas con intolerancias deste tipo asumen un sobrecuste na alimentación que pode chegar aos 500 euros anuais. Asemade, a edil lembra que deben cumprir estas dietas para non ver seriamente afectada a súa saúde.

O importe máximo das axudas é de 400 euros por solicitante. Neste sentido, cubre aqueles gastos en alimentos realizados durante este 2025, excluíndo bebidas alcólicas ou adozadas. Para solicitar estas axudas pódese presentar a documentación necesaria a través da sede electrónica do Concello de Barbadás ata o 12 de agosto.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.