PUBLICIDADE

Ferrol pecha ao baño o regato da praia do Pareixal por bacteria E. coli

PorBisbarra

Mércores, 16 Xullo 2025 , , ,
A zona na que está prohibido o baño está balizada e sinalizada con carteis que indican a restrición.A zona na que está prohibido o baño está balizada e sinalizada con carteis que indican a restrición.

O Concello de Ferrol pechou ao baño o regato da praia do Pareixal tras detectar bacteria E.coli. O descubrimento fíxose grazas a nunha analítica de control de auga realizada por Emafesa. A zona na que está prohibido o baño está balizada e sinalizada con carteis que indican a restrición.

Nunha segunda mostra tomada augas abaixo, preto da praia, constatouse unha redución moi significativa de dita bacteria con respecto á mostra extraída no regato.

A Consellería de Sanidade realizou o 19 de maio, o 8 e o 22 de xuño e o 2 de xullo controis rutineiros de auga nesta zona, sendo esta apta para o baño. Na xornada de onte tomouse outra mostra cuxo resultado se coñecerá na xornada de mañá.

PUBLICIDADE

Debido a esta situación, a bandeira azul non se izará en A Fragata-O Pareixal ata que as analíticas arroxen un resultado negativo en E.coli.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.