PUBLICIDADE

Barbadás entrega composteiros gratuítos

PorBisbarra

Venres, 25 Outubro 2024 ,
Composteiro e aireador que se repartirán de balde.Composteiro e aireador que se repartirán de balde.

O Concello de Barbadás fomenta a xestión doméstica dos residuos orgánicos co reparto de composteiros gratuítos para a veciñanza. Neste sentido, mañá, sábado 26 de outubro, de 11:00 a 13:30 horas, instalarase un posto informativo na Valenzá, na Avenida Celanova 39. Neste repartirase o material necesario para a compostaxe doméstica, formado por un manual de compostaxe, un composteiro e un aireador. Esta acción está destinada á veciñanza de Barbadás que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m² no que instalar un composteiro.

O número de composteiros a repartir é limitado, polo que se insta a aquelas persoas que queiran participar na campaña a inscribirse previamente a través da web www.barbadas.rsu.gal, reservando así o material. A iniciativa tamén incluirá un seguimento do proceso de compostaxe doméstica ao longo do ano 2024.

Esta campaña conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.