PUBLICIDADE

Cobre San Rafael presenta un percorrido virtual polos puntos de control da calidade das augas da contorna da mina de Touro – O Pino

PorBisbarra

Mércores, 9 Abril 2025 , , ,
O mapa virtual permite realizar unha visita polos principais puntos de control das augas, como as Áreas Recreativas de Brandelos e Santaia ou o rego Felisa

Cobre San Rafael acaba de implementar na súa páxina web un novo recurso divulgativo e de transparencia ambiental: un mapa interactivo que ofrece aos usuarios a posibilidade de realizar unha visita virtual polos principais puntos de control da calidade das augas na contorna da antiga mina de Touro – O Pino, no entorno da conca do Ulla. Este mapa está dispoñible na portada da web de Cobre San Rafael e permite seguir os resultados das mostras tomadas e analizadas nos últimos anos.

 O mapa localiza os puntos de mostraxe, entre os que se inclúen lugares como: a Área Recreativa de Brandelos, a Área Recreativa de Santaia, a zona de bombeo do regato Portapego e do regato Felisa, a canle de drenaxe, a confluencia do Brandelos co Ulla, a confluencia do Lañas co Ulla, a fervenza das Pombas, a fonte Díaz (Touro), o rego Barral, o rego do Burgo (Bama) e o rego Felisa.

 Ademais da información técnica, os usuarios poden visualizar imaxes reais do antes e o despois das actuacións realizadas en cada un destes puntos, permitindo comprobar de maneira palpable os efectos positivos das medidas adoptadas para mellorar a calidade das augas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.