PUBLICIDADE

A Subida a San Cidre de Toques contou con máis dun cento de participantes

Saída da V Subida a San Cidre de Toques nunha edición que contou con dúas novas distancias, tanto no trail curto como no longo e no que particparon máis dun cento de deportistasSaída da V Subida a San Cidre de Toques nunha edición que contou con dúas novas distancias, tanto no trail curto como no longo e no que particparon máis dun cento de deportistas

A V Subida a San Cidre, que ademais das carreiras tamén contou counha andaina, corou en Toques a Manuel Rendo e Belen García, e a Manuel Piñeiro e Iria Fernández

A V Subida a San Cidre, organizada polo Concello de Toques, e que se disputou o pasado domingo 6 de abril a partir das 10:00 horas, contou cunha participación de máis dun cento de deportistas distribuídos entre os trails de 17 e 7 quilómetros, e a andaina non competitiva pola contorna do municipio, nunha aposta do Concello polo deporte e a actividade física.

Corredores procedentes de toda a xeografía galega, incluso algún doutras comunidades como das Illas Canarias, achegáronse a primeira hora ata a Aula da Natureza para recoller os seus dorsais e a bolsa de agasallos que se entregou a todos os participantes.

Ás dez en punto da mañá, o alcalde de Toques, José Ángel Penas, daba o pistoletazo de saída, coa supervisión do xuíz árbitro da Federación Galega de Atletismo, as dúas probas de longa e curta distancia deste trail, principais novidades desta V Subida a San Cidre.

PUBLICIDADE

Así, sobre o percorrido de 7 quilómetros da Subida a San Cidre, os vencedores foron o deportista local Manuel Rendo (CD Arzúa), que xunto a Belén García (Asociación Deportiva Cerne) estrearon o palmarés nesta nova distancia do trail. Pola súa banda, o arousán Manuel Piñeiro (Club de Atletismo Cambados) cun tempo de 01:14:28 horas, e Iria Fernández (Foz) que detivo o crono en 01:41:43 horas, foron os gañadores da proba do trail longo que tamén estreaba distancia.

O sendeirismo tamén tivo lugar na súa sexta edición, xa que o domingo anterior, organizouse a andaina sobre o percorrido longo da V Subida a San Cidre. En total foron 17 os partipantes que se apuntaron a realizar esta actividade física non competitiva, os cales en pouco máis de catro horas tiñan rematado o percorrido pon camiños frondosos e boas panorámicas xa que a curceiro da Ermida de San Cidre ubícase a 712 metros de altura sobre o nivel do mar, en comparación cos 464 do lugar de Souto en Toques.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.