Esta mañá iniciáronse os traballos de renovación de dous campos de fútbol sete de céspede artificial no complexo deportivo de A Gándara. A inversión é de 306.662,40 euros e o prazo de execución de dous meses.
Entre as actuacións previstas, inclúese a reparación da base de aglomerado asfáltico existente para corrixir os actuais problemas de planicidade dos terreos de xogo e se colocará un novo céspede artificial, de última xeración, certificado nos dous campos e máis na zona de quecemento.
Ademais, renovarase o sistema de rego e as instalacións de drenaxe superficial dos campos, dotarase de novo equipamento deportivo e adecuaranse os vestiarios.
A Cidade do Deporte é un proxecto cofinanciado polo Concello de Ferrol, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Deportes, e a Unión Europea.



