PUBLICIDADE

Espazo Común denuncia o abandono dos comedores escolares do Milladoiro e do rural de Ames

Apuntan dende Espazo Común “unha actitude impropia dun goberno que debería escoitar aos traballadores e buscar solucións, non atacar a quen denuncia as deficiencias"

Espazo Común, apunta que “mentres o goberno municipal presume de excelencia nos servizos públicos, traballadores/ as e nenos/as dos comedores da EEI do Milladoiro, CEP de Ventín e das unitarias de Covas e A Igrexa soportan temperaturas que roldan os 30 graos”.

Engaden que “o máis grave é que esta situación é coñecida desde hai máis de cinco anos e malia as reiteradas queixas e advertencias, non se adoptaron as medidas necesarias para garantir unhas condicións dignas e adecuadas tanto para os traballadores/as como para o alumnado. Un novo exemplo dun Concello máis preocupado pola propaganda que por resolver os problemas reais da veciñanza”.

Desde Espazo Común “consideramos inaceptable que unha situación desta natureza continúe sen solución mentres o Concello presume da excelencia dos seus servizos públicos. A realidade que viven diariamente usuarios e traballadores destes centros demostra que existen problemas básicos que seguen sen ser atendidos. A resposta da Alcaldía tampouco deixa lugar a dúbidas: negativa a reunirse co comité de empresa e descalificación das denuncias cualificándoas de panfleto partidista”.

PUBLICIDADE

Apuntan dende Espazo Común “unha actitude impropia dun goberno que debería escoitar aos traballadores e buscar solucións, non atacar a quen denuncia as deficiencias. Unha actitude que evidencia aínda máis a falta de diálogo institucional e o desinterese por resolver os problemas reais que afectan a O Milladoiro e ao rural de Ames. Por todo iso, lle pedimos ao goberno municipal que abandone a confrontación e as descualificacións, sente cos representantes dos traballadores e a lo menos escoite as súas demandas”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.