Espazo Común presenta unha moción para o seu debate no Pleno do mes de maio
instando ao goberno amesán a facer as xestións necesarias para adherirse á
Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9, unha plataforma que nace
para esixir á concesionaria o pago íntegro do IBI aos concellos pola que discurre,
defender a gratuidade progresiva da autoestrada así como para a protección dos
dereitos da veciñanza afectada.
“Despois de enterarnos pola prensa de que en outubro de 2024 se reuniron 22 concellos
polos que discurre a AP-9 en Abegondo, entre os que se atopaba Ames e na que
acordaron a creación dun frente común para esixirlle a concesionaria o cumprimento das
súas obrigas fiscais así como descontos para a veciñanza destes municipios, ante a falta
de noticias e vendo que os outros concellos xa tiñan avanzado nesta cuestión,
preguntamos no último Pleno por como estaban os trámites en canto a adhesión do noso
Concello, sin obter unha resposta clara por parte do goberno amesán, é mais, daba a
sensación de que non sabían nin do que lles estábamos a falar”, explican.
“Ante a constitución formal da asociación o martes 6 de maio, sendo Ames un dos
concellos afectados pola AP-9 e vendo a falta de iniciativa e xestión por parte do goberno
amesán, dende Espazo Común instamos a o goberno encabezado polo Sr. García a
defender os dereitos da veciñanza de Ames e polo tanto a realizar as xestións necesarias
para adherirse a esta plataforma”, engaden.