O alcalde de Ferrol e os voceiros municipais reuníronse en Madrid co director xeral do Sector Ferroviario, Carlos María Juárez. No encontro, celebrado na sede so Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, trasladáronse as necesidades e demandas da cidade con respecto a conexión ferroviaria e á modernización e redución de tempos na liña Ferrol-A Coruña.
Ademais de o rexedor, José Manuel Rey Varela, participaron no encontro os voceiros municipais Pamen Pieltain, ddo PP; Ángel Mato, do PSOE; Iván Rivas, do BNG; e Jorge Suárez, de FeC. Ao finalizar, o alcalde declarou que marchan cunha sensación “agridoce”. Neste sentido, destacou que a reunión foi positiva, xa que conseguiuse o compromiso dunha nova reunión co secretario do Estado. Non obstante, lamentou que “non se concretou ningunha actuación de mellorar a liña de ferrocarril a Ferrol e non existen plans a curto prazo, salvo a variante de Betanzos”.
Durante a reunión, Rey Varela presentou ao director xeral as Propostas de mellora da mobilidade e o transporte ferroviario en Ferrolterra. Este documento, impulsado pola Xunta, reflicte un primeiro paso ante a falta de concreción do Estado en relación coas actuacións previstas nesta área.
REUNIÓNS COS GRUPOS PARLAMENTARIOS

A axenda completouse pola tarde con catro reunións cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados. Alcalde e voceiros municipais foron recibidos polo voceiro do PP, Miguel Tellado; a voceira de Sumar, Verónica Martínez; o voceiro do BNG, Néstor Rego; e o deputado do PSOE, César Ramos.
Nestas reunións, a comitiva ferrolá trasladou a posibilidade de presentar unha iniciativa conxunta no Congreso conducente á modernización desta liña ferroviaria. Una vez rematados estes encontros, rexedor e voceiros destacaron a boa recepción e o apoio por parte dos grupos parlamentarios.