PUBLICIDADE

San Sadurniño contratará un oficial forestal co APROL Rural

PorBisbarra

Mércores, 28 Maio 2025 , ,
O posto está financiado polo APROL Rural cunha axuda de 16.586,73 euros.O posto está financiado polo APROL Rural cunha axuda de 16.586,73 euros.

San Sadurniño volveu acollerse este ano ao programa APROL Rural, convocado pola Xunta de Galicia. Neste caso, contratará durante 9 meses persoas a unha persoa desempregada para realizar tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios. Neste sentido, o Concello xa ten en marcha o correspondente proceso selectivo dunha operaria ou operario coa categoría de oficial forestal.

A diferenza dos contratos temporais do PEL provincial, no caso do APROL Rural non hai un prazo de presentación de instancias nin se pode solicitar a participación no proceso selectivo. Así pois, non é aberto, senón que se fará a partir dun listado facilitado polo Servizo Público de Emprego de Galicia, con aspirantes que encaixen no perfil do posto.

Neste sentido, as persoas que queiran ser chamadas para a proba selectiva deben ter ao día a tarxeta de demandante de emprego. Ademais, tamén deben terlle indicado ao Servizo Público de Emprego de Galicia a súa preferencia por traballos que cadren co posto ofertado.

PUBLICIDADE

DESCRICIÓN DO POSTO

O posto está financiado polo APROL Rural cunha axuda de 16.586,73 euros. Cubrirase mediante un contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral. Será de 9 meses de duración a xornada completa, cun salario bruto de 1.381,33 euros ao mes. O traballador ou traballadora realizará tarefas de limpeza e mantemento de vías e propiedades municipais e deberá posuír o carné de conducir B.

Unha vez que o SPEG envíe a relación de aspirantes, o Concello iniciará un proceso selectivo mediante concurso-oposición. Na fase de concurso valorarase a formación recibida en cursos de capacitación relacionados co posto ou por titulación. Na fase de oposición, farase unha proba práctica eliminatoria de verificación de aptitude no manexo dos aparellos de roza e limpeza de espazos públicos.

Unha vez concluído o procedemento, o tribunal proporá o nomeamento da persoa con máis puntuación total. Se non hai imprevistos, a estimación é que poida estar traballando xa na primeira quincena do mes de xuño.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.