PUBLICIDADE

Falece Erundina López, nai do exministro Pepe Blanco

Imaxe de arquivo, Pepe Blanco no enterro de seu pai en Palas de Rei. FOTO: ECG

Erundina López Pardo, faleceu onte aos 92 anos de idade na residencia de Lugo onde vivía durante esta última etapa da súa vida. Era a nai do exministro socialista José Blanco.

López Pardo era natural do municipio de Merlán de Palas de Rei e con familia en Toques, residiu durante moitos anos na parroquia palense de Ferreira de Negral xunto ao seu marido Jesús Blanco Vázquez.

ENTERRO MAÑÁ

PUBLICIDADE

O velatorio de Erundina López Pardo está instalado no tanatorio Fernández Albia de Lugo, Está previsto que a saída do féretro sexa mañá ás 16.15h en dirección á igrexa parroquial de Ferreira, en Palas de Rei onde despois do seu funeral será soterrada.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.