PUBLICIDADE

Fene culmina as obras de mellora en Buios

PorBisbarra

Mércores, 19 Novembro 2025 , , , ,
Fene investiu 179.740,26 euros nas obras de mellora da rede de pluviais e pavimento en Buios.Fene investiu 179.740,26 euros nas obras de mellora da rede de pluviais e pavimento en Buios.

O Concello de Fene rematou as obras de mellora da rede de pluviais e pavimento en Buios. O obxectivo principal era dar solución aos problemas de drenaxe rexistrados nos últimos anos e incrementar a seguridade viaria neste treito.

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, visitou Buios acompañada da concelleira de obras, Mª Carmen Martínez, e do primeiro tenente de alcaldesa e edil de urbanismo, Manuel Polo. Alí o impacto positivo destas intervencións no día a día da veciñanza.

Os traballos incluíron a renovación integral da capa de rodaxe, a ampliación da sección de paso en varios puntos e a instalación de novos sumidoiros, mellorando notablemente a recollida e evacuación da auga da chuvia. A intervención abrangueu un tramo amplo no que se concentra un elevado número de vivendas, beneficiando de maneira directa a toda a contorna.

PUBLICIDADE

A alcaldesa, Sandra Permuy, salientou que se trata dunha “actuación duradeira, que resolve unha demanda histórica da veciñanza”. Engadiu que “as chuvias intensas provocaban apozamentos e deterioro no firme, e agora damos unha resposta que mellora a seguridade, a accesibilidade e o confort das persoas que circulan pola zona”.

Neste sentido, o Concello de Fene continúa avanzando no seu plan de mellora integral das infraestruturas municipais, cunha aposta clara pola renovación de vías, a mellora da drenaxe e a creación de espazos máis seguros e accesibles para a veciñanza. Nos últimos meses intensificouse o ritmo de execución de obras fundamentais nas parroquias, atendendo demandas históricas e actuando en puntos sensíbeis tanto desde o punto de vista da seguridade viaria como da mobilidade peonil.

A obra de mellora da rede de pluviais e pavimentos en Buios foi adxudicada por 179.740,26 euros e financiada a través do Plan Único de Concellos (POS+ 2024) da Deputación da Coruña

FENE AVANZA NA SENDA PEONIL DO CAMIÑO DO REGUEIRO

Por outra banda, os representantes do Goberno local supervisaron tamén o avance da senda peonil na rúa Camiño do Regueiro. O principal obxectivo é uniformar o aliñamento da vía coa construción dunha senda na marxe esquerda, ademais de executar as novas canalizacións de augas pluviais, resolvendo os puntos de drenaxe máis problemáticos.

Fene investiu 140.750 euros, no contrato de creación da senda peonil do Camiño do Regueiro.
Fene investiu 140.750 euros, no contrato de creación da senda peonil do Camiño do Regueiro.

Ademais, con esta actuación o Concello de Fene dá un paso decisivo para completar a continuidade do paseo marítimo de San Valentín até o límite con Neda, creando un itinerario peonil seguro, accesible e integrado no espazo urbano.

No caso do contrato da creación da senda peonil no Regueiro, o investimento ascende a 140.750 euros, con cargo ao POS+ 2023.

COMPROMISO COA MOBILIDADE

A rexedora fenesa destacou que “estas obras forman parte da nosa folla de ruta para mellorar a calidade de vida en todas as parroquias de Fene. Apostamos por espazos máis seguros, por mellorar a mobilidade peonil e por modernizar progresivamente as infraestruturas municipais. Son investimentos que o Concello leva anos precisando e que agora estamos facendo realidade”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.