PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol achega 20.000 euros ao Mencer das Hermanas Oblatas

PorBisbarra

Mércores, 16 Outubro 2024 , ,
Rey Varela e Ferreiro refrendaron a colaboración entre Ferrol e as Hermanas Oblatas.Rey Varela e Ferreiro refrendaron a colaboración entre Ferrol e as Hermanas Oblatas.

O Concello de Ferrol renova o convenio de colaboración co centro de día O Mencer das Hermanas Oblatas. Así pois, o alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela, visitou o inmoble para asinar o documento co coordinador da entidade, Roberto Ferreiro.

Este convenio estipula o aumento en 5.000 euros da achega municipal para o financiamento dun proxecto de inserción social relacionado con mulleres en risco de exclusión. Con este incremento, o Goberno local aporta un total de 20.000 euros á entidade. Neste sentido, o obxectivo da administración local é reforzar o respaldo ás usuarias do programa.

“Buscamos contribuír ao benestar das usuarias deste centro, a través dunha atención integral e personalizada”, expresou o rexedor. Máis en detalle, o programa financiado abarca a acollida, o traballo de rúa e a atención sociolaboral, prestando atención psicolóxica e xurídica e ofrecendo información a través de obradoiros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Tras a sinatura, Rey Varela amosou o seu agradecemento á entidade polo seu traballo diario, subliñando o labor pioneiro das Hermanas Oblatas na loita pola igualdade de oportunidades das mulleres en situacións de vulnerabilidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.