A xunta de Goberno local do Concello de Ferrol aprobou unha importante actuación de seguridade viaria en Covas e tres novas actuacións de aglomerados na zona rural. Aos máis de 331.000 euros aprobados a semana pasada, súmanse 717.000 euros máis para os aglomerados da estrada ao faro de Covas, Camiño da Chousa e Brión-Liñares-Martín- Espiño.
Así, deuse luz verde ao proxecto refundido da estrada ao faro de Covas e sendaa para peóns. Con cargo ao POS Adicional 2/2024, conta cun orzamento de 594.113,73 euros. Esta vía, prolongación da estrada provincial, desde o núcleo urbano ata o faro Prior, no seu día era fundamentalmente de servizo militar. Hai máis de 25 anos foi pavimentado con tripla rega asfáltico, sufrindo rebacheos, reparacións e pequenos retoques a medida que se consolidaba a edificación nos bordos. Esta vía está sobre un camiño antigo de servizo, co que os anchos son moi variados, discorrendo desde os catro aos cinco metros, con zonas encaixadas entre muros e outras con amplitude de plataforma.
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xustifica a intervención polo “nivel de consolidación dos núcleos da Pedreira e Prioiro, a constante ampliación de unidades veciñais e o incremento da presión turística e o acceso ás praias e ao faro”.
As obras proxectadas afectan ao acceso principal dende Covas, no núcleo de Pedreira, ata o faro de cabo Prior. Repártese en dous treitos, un primeiro de 1.540 metros lineais polo interior dos núcleos urbanos, con moita edificación e anchos variables, que dificulta o paso dos peóns e a evacuación das augas pluviais. O segundo tramo vai do monte cara ao faro, de 2.034 metros lineais, con características de vía de montaña, sinuoso e de pendente lixeira, con un ancho medio de 3,75 metros.
As obras previstas consisten na mellora da seguridade viaria, tanto de peóns como de vehículos, nun treito de 3.574 metros lineais da estrada. Así, está prevista a renovación da capa de rodaxe da vía completa, cun ancho variable por treitos de catro a cinco metros. No primeiro treito, executarase unha senda peonil de dous metros de ancho, con puntos concretos de 1,25 metros debido ás vivendas existentes a ambos lados.
O prazo de execución está fixado en seis meses e a garantía nun ano contado a partir da data da recepción.
DÚAS OBRAS DE AGLOMERADO MÁIS
Ademais, a xunta de Goberno local de Ferrol aprobou tamén iniciar os expedientes de licitación dos aglomerados de camiño da Chousa e camiño de Cándido Hermida, no barrio de Santa Icía. Na actualidade presentan un pavimento bastante deteriorado, que require dunha actuación destinada a mellorar as condiciones de rodaxe da vía. Estes traballos están orzamentos en 54.146,93 euros.
Finalmente, o segundo expediente de licitación é o do aglomerado de tramo da estrada Brión-Liñares-Martín-Espiño (Ramal O Espiño), superficie que tamén se atopa en mal estado. Para corrixir as deficiencias detectadas destinaranse 69.200 euros.