PUBLICIDADE

Ferrol adquire a parcela para construír o centro de saúde de San Xoán

PorBisbarra

Xoves, 17 Xullo 2025 , ,
O alcalde ferrolán asinou ante notario a compra da parcela onde se construirá o futuro centro de saúde.O alcalde ferrolán asinou ante notario a compra da parcela onde se construirá o futuro centro de saúde.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, firmou ante notario a escritura de compra da parcela para a construción do centro de saúde en San Xoán. O seguinte paso é a cesión da superficie á Xunta de Galicia para que a través do Sergas se execute esta infraestrutura sanitaria.

O Concello de Ferrol pagou 387.200 euros por esta finca, que ten unha superficie bruta de 1.151 metros cadrados. A superficie edificable total é moi superior aos 600 metros cadrados por cada planta para un aproveitamento en B+3, e supera os 300 metros cadrados no aproveitamento baixo cuberta.

A contorna da parcela é estratéxica pola súa centralidade e a súa proximidade a servizos esenciais e ao futuro desenvolvemento urbanístico, que incluirá un campo de fútbol e un local social. Ten un doado acceso dende a estrada de San Pedro e a rúa Souto. Ademais, nas inmediacións da mesma hai un aparcamento disuasorio executado recentemente pola Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE

“Hoxe é outro día importante para os veciños de San Xoán”, afirmou o rexedor, salientando que o centro de saúde permitirá que a veciñanza do barrio, de San Pablo e Santa Icía non teñan que desprazarse ata o Fontenla Maristany.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.