PUBLICIDADE

Ferrol destina máis de 117.000 euros para o arranxo de camiños rurais

PorBisbarra

Luns, 8 Xuño 2026 , , , ,
Camiño As Cabazas Covas

A Xunta de Goberno local do Concello de Ferrol deu luz verde á licitación de novos aglomerados no rural. Aprobouse así o expediente de contratación do “Aglomerado do Camiño C-32 nas Cabazas incluído no POS+2025 (Achega Provincial 2024) e do “Aglomerado de tramo do Camiño de Carregal, Camiño do Pragaiño e Camiño de Pardiñas en San Xurxo”.  En total, estas dúas actuacións contan cun investimento de 117.345,17 euros.

Con respecto ao aglomerado do camiño C-32 en As Cabazas, Covas, os traballos consistirán na regularización do firme existente, limpeza das marxes e canles, estendido dun novo pavimento aglomerado e inclúe, tamén, a  sinalización vertical e horizontal do vial. A actuación afecta a unha superficie de 3.090,60 metros cadrados e a unha lonxitude de 606 metros.

Trátase dun camiño que é transitado, principalmente, por vehículos lixeiros que acceden á zona, polo que a súas reparacións resultan prioritarias, atendendo á importancia social e económica derivada do seu uso. Na actualidade, presenta un evidente estado de deterioro, que conleva molestias aos veciños e vehículos que circulan por esta vía. O prazo de execución é de dous meses e o investimento de 67.922,25 euros (IVE incluído).

PUBLICIDADE

En relación ao “Aglomerado de tramo do Camiño de Carregal, Camiño do Pragaiño e Camiño de Pardiñas en San Xurxo”, a inversión prevista é de  49.422,89 euros. A actuación responde á necesidade de rehabilitar os accesos existentes, garantir a transitabilidad en condicións adecuadas e mellorar a funcionalidade da rede viaria local.

A actuación localízase no núcleo de Vila da Area e afecta a estes tres viais que mostran un estado de conservación deficiente, con tramos deteriorados e perdas de firme, o que compromete a circulación e a seguridade. A vexetación en cunetas e bordos incrementa, ademais, os problemas de drenaxe.

Por iso, debido á situación actual levarase a cabo unha actuación intervención integral que permita restituír a funcionalidade e a seguridade destes accesos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.