PUBLICIDADE

Ferrol investirá máis de 1,4 millóns en mellorar a accesiblidade de Canido

PorBisbarra

Xoves, 12 Marzo 2026 , ,
O alcalde de Ferrol e o concelleiro de Servizos reuníronse coa asociación veciñal de Canido no marco do Plan de Barrios.O alcalde de Ferrol e o concelleiro de Servizos reuníronse coa asociación veciñal de Canido no marco do Plan de Barrios.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o concelleiro de Servizos, José Tomé, reuníronse coa asociación veciñal de Canido no marco do Plan de Barrios. Na xuntanza repasaron as actuacións realizadas polos diferentes servizos municipais no barrio entre os días 2 e 8 de marzo.

Rey Varela destacou o esforzo inversor do Goberno local en Canido con tres proxectos fundamentais para avanzar na mellora da accesibilidade. “Máis de 1,4 millóns de euros para a reurbanización da rúa Doutor Fleming, entre as rúas Alonso López e Ignacio Martell; a mellora de Pérez Parallé, entre Muíño do Vento e a rúa Ínsua; e a instalación dun ascensor na rúa Rampa para conectar con Fleming”, lembrou o rexedor.

Os dous primeiros proxectos atópanse actualmente en fase de licitación. As empresas poderán presentar as súas ofertas para executar as obras ata o día 23, no caso da intervención na rúa Doutor Fleming, e ata o 24 no relativo á actuación en Pérez Parallé.

PUBLICIDADE

Trátase do maior investimento en mantemento e mellora de vías realizado nos últimos anos en Canido, unhas actuacións moi demandadas pola veciñanza e que se executarán ao longo deste ano. “A mellora da accesibilidade é unha prioridade para este Goberno e estas inversións son un claro exemplo”, afirmou o alcalde de Ferrol.

ACTUACIÓNS DO PLAN DE BARRIOS

No encontro tamén se deu conta das actuacións levadas a cabo no barrio. Entre ellas, a sega de todas as zonas verdes, que en total suman máis de 22.000 metros cadrados.

A empresa de mantemento de zonas verdes realizou tarefas de poda do arbolado nas rúas Pérez Parallé e Maiola, plantáronse 30 unidades de viola tricolor e 10 unidades de ciclamen latinia en mateceiros, e instalouse un banco e unha papeleira no aparcamento disuasorio.

En canto aos traballos de limpeza levados a cabo por Urbaser, centráronse no desbroce e chapeo en todo o barrio (10.600 metros). Tamén se actuou no lavadoiro de Ínsua e limpáronse sumidoiros e contedores (113 de RSU, 58 amarelos, 32 azuis, 17 para vidro e 13 de orgánicos). A empresa de mantemento eléctrico executou 28 actuacións de mantemento correctivo e preventivo.

O rexedor tomou nota das demandas presentadas pola entidade veciñal e avanzou que o luns 16 o plan de barrios comezará en Caranza.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.