PUBLICIDADE

Habilitada unha área canina no espazo recreativo de Cachamuíña, no Pereiro de Aguiar

O parque canino de Cachamuíña, con case 1.500 metros cadrados, supuxo un investimento de 50.000 euros.O parque canino de Cachamuíña, con case 1.500 metros cadrados, supuxo un investimento de 50.000 euros.

O espazo natural e recreativo de Cachamuiña, xestionado pola Deputación de Ourense e situado no Concello do Pereiro de Aguiar, inaugurou un parque canino. Esta área pioneira inclúe xogos, circuítos e instalacións para os animais. Esta apertura responde á elevada demanda dos donos de mascotas que visitan a área de Cachamuíña, do que diariamente desfrutan numerosas persoas para o lecer e deporte.

Este proxecto supuxo un investimento de 50.000 euros. Trátase dunha zona cercada onde os cans poden xogar, socializar con outras mascotas e incluso e facer exercicios nunha ducia de elementos e circuítos. O parque, que tamén conta con bancos para os donos e outras zonas de descanso, abarca unha superficie de preto de 1.500 metros cadrados.

O parque canino consta dunha ducia de elementos de xogo e adestramento. Entre eles, un slalom, postes que o can debe sortear en zig-zag, para mellorar a rapidez, axilidade e concentración. Tamén consta dun balancín para estimular a destreza e o equilibrio das mascotas e dunha empalizada para mellorar a súa estabilidade. Un túnel, pasos, valados e outros obstáculos completan as áreas de adestramento e xogo para os cans.

PUBLICIDADE

Ademais, hai áreas de descanso, así como fontes de auga e contedores para os residuos orgánicos. Os donos de mascotas dispoñen de bancos e áreas de descanso.

O parque canino de Cachamuíña conta cunha ducia de elementos de xogo e adestramento.
O parque canino de Cachamuíña conta cunha ducia de elementos de xogo e adestramento.

OUTRAS MELLORAS EN CACHAMUÍÑA

O novo parque canino súmase a outras melloras impulsadas neste gran pulmón verde de Cachamuíña. Así, en próximas semanas prevese que sexa instalada a nova pasarela peonil que comunicará ambos lados do encoro. Será unha estrutura metálica prefabricada máis accesible para o tránsito de peóns e bicicletas, suprimindo as anteriores barreiras arquitectónicas. Aproveitando estes traballos, habilitarase un novo tramo do sendeiro no encoro

Ademais, o parque infantil ampliarase para dotalo de xogos inclusivos e outras melloras para as familias.

A Deputación de Ourense, no seu obxectivo de ofrecer máis servizos de esparexemento nun espazo moi empregado polos veciños da cidade e da área metropolitana, xa executou con anterioridade outros proxectos. Entre estes, o parque infantil, de calistenia e biosaudable; o parque da Igualdade, un novo aparcadoiro e o espazo cedido pola Fundación CumLaude para engadir o ámbito artístico a esta gran área.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.