PUBLICIDADE

O Carballiño inaugura a Oficina de Turismo

PorBisbarra

Venres, 4 Xullo 2025 ,
A Oficinad de Turismo do Carballiño estará aberta ata o 31 de agosto.A Oficinad de Turismo do Carballiño estará aberta ata o 31 de agosto.

A Concellería de Turismo vén de inaugurar a tempada da Oficina de Turismo do Carballiño. Abriu as súas portas o 1 de xullo e pechará o 31 de agosto. O obxectivo deste ano, tal e como apunta Manuel Dacal, edil de Turismo, é superar as máis de 1.000 visitas acadadas o pasado verán.

Este verán, o Concello do Carballiño conta cun convenio de prácticas na Oficina. De feito, nestes días incorpórase unha persoa usuaria de Aspadisi. O horario de atención ao público é de martes a domingo de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

Xunto coa oficina, tamén se abriron as portas do Museo Etnográfico, para desfrute de veciñanza e visitantes. Ademais, hai visitas guiadas ao templo da Veracruz, a xoia arquitectónica relixiosa de Antonio Palacios. O horario é de 11:00 a 12:00 horas os venres, con reserva previa na Oficina de Turismo.

PUBLICIDADE

A procedencia dos máis de 1.000 visitantes que pasaron pola Oficina de Turismo nos meses de xullo e agosto do pasado ano é moi variada. Porén, a nivel nacional destaca Madrid, Andalucía, Castela e León e Cataluña. A nivel internacional, salienta Francia, México e Portugal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.