– A Garda Civil, no marco dunha operación , desmantelou unha rede criminal de carácter familiar dedicada ao tráfico de drogas nas localidades de Melide e Arzúa (A Coruña).
A investigación, levada a cabo polo Equipo ROCA de Santiago de Compostela en colaboración co Posto da Garda Civil de Melide, pon
fin a unha actividade delituosa que xerara unha considerable alarma social na zona.
A Operación iniciouse en xaneiro deste ano, tras detectarse unha constante trasfega de potenciais consumidores ao redor dun establecemento hostaleiro en Melide, que actuaba como epicentro da trama. Este local era utilizado como un punto de venda encuberto, desde o cal se abastecía de cocaína e outras substancias a consumidores das comarcas de Terras de Melide, Arzúa, Ulloa e Deza

Como resultado da exhaustiva investigación, levaron a cabo seis
rexistros domiciliarios en distintas fases operativas, en inmobles e
locais directamente vinculados aos investigados.
Durante estas intervencións, os axentes interviñeron unha cantidade significativa de droga e diñeiro en efectivo:
Máis de 180 gramos de cocaína, incluíndo 127 gramos en roca e 42
bolsiñas listas para a súa venda cun peso aproximado de 41 gramos.
1,5 kg de cogollos de marihuana e 22 bolsiñas de marihuana cun peso aproximado de 109 gramos.
4 bolsiñas de haxix cun peso aproximado de 40 gramos.
Más de 37.000 euros en efectivo, parte dos cales se atopaba oculto
en dobres fondos e envases camuflados, destacando un achado de 30.000 euros selados e envasados ao baleiro ocultos na tapa dunha
persiana.
Unha báscula de precisión, dous vehículos e cinco teléfonos móbiles, xunto con outros dispositivos electrónicos.
Tamén se localizou unha plantación indoor de marihuana nun dos
rexistros dunha das vivendas.
A operación culminou coa detención de cinco persoas:
Un home de 30 anos e a súa parella de 27 anos, ambos os veciños de Arzúa.
Unha muller de 55 anos e outra de 23 anos, veciñas de Melide.
Un home de 50 anos, veciño de Vilanova de Arousa, identificado como o presunto provedor de substánciaa estupefaciente.
As pescudas confirmaron que o grupo utilizaba o establecemento
hostaleiro en Melide como tapadeira para a venda directa de cocaína,
mantendo unha operativa constante baseada en reparticións encubertas, entregas rápidas e contacto directo cos consumidores.

A estrutura criminal atopábase xerarquizada, con funcións claramente repartidas, e xeraba beneficios económicos non xustificables legalmente. Este feito, xunto coa utilización de diñeiro en metálico oculto, motivou a atribución dun delito de branqueo de capitais.
Aos arrestados impútanselles os delitos de tráfico de drogas,
pertenza a grupo criminal, branqueo de capitais e resistencia e
desobediencia a axentes da autoridade
Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución
nº 1 de Arzúa, que decretou o ingreso en prisión para un deles e
liberdade con cargos para os catro restantes.
Esta operación tivo un notable impacto social na zona, non só pola
implicación dun local de acceso público, senón tamén polo amplo
alcance comarcal da rede de distribución desarticulada


