PUBLICIDADE

Catro empresas aspiran a executar melloras en 13 travesías urbanas en Ourense

PorBisbarra

Luns, 7 Xullo 2025 , ,
A conservación e mellora de 13 vías en Ourense foi licitada por 2,8 millóns de euros.A conservación e mellora de 13 vías en Ourense foi licitada por 2,8 millóns de euros.

A Xunta recibiu catro ofertas de empresas para executar as obras de conservación e mellora de 13 estradas autonómicas ao seu paso polo Concello de Ourense. Esta intervención foi licitada por 2,8 millóns de euros.

A actuación central será a renovación integral da OU-413 da subida ao Seminario, que supón 1 millón de euros, case un terzo do orzamento total . A previsión da Xunta é iniciar estes traballos no mes de outubro.

A través da intervención mellorarase a conservación de 13 rúas e avenidas. Estas vías están integradas na trama urbana da cidade de Ourense, pero son de titularidade autonómica. Suman unha lonxitude aproximada de trece quilómetros. En concreto, intervirase na rúa Peña Trevinca, río Arnoia, Sáenz Díez, Progreso, avenida de Buenos Aires, Emilia Pardo Bazán, Isaac Piñeiro Varela, Velázquez, Ponferrada, Bispo Lourenzo, avenida de Zamora, Coruña e rúa Seminario.

PUBLICIDADE

Serán obras de reparación, rehabilitación e reforzo dos firmes e pavimentos, tanto das beirarrúas como das calzadas. As actuacións complementaranse coa renovación completa da sinalización horizontal e outras pequenas intervencións para garantir a seguridade viaria e a accesibilidade. Será o caso de melloras de accesibilidade nas beirarrúas da rúa Río Arnoia, e tres treitos de novas beirarrúas: 130 metros na rúa Velázquez, 70 metros na rúa Bispo Lorenzo, e 100 metros na Avenida de Zamora desde a intersección coa rúa Marie Curie ata o seguinte paso de peóns.

A intervención irá máis aló no caso da subida ao Seminario, OU-413, xa que implicará unha renovación integral deste treito de medio quilómetro. Neste caso inclúese a reordenación do espazo, a mellora da mobilidade peonil mediante novos tramos de beirarrúa e novos pasos peonís, a execución dun novo paquete de firme e a renovación na súa totalidade as redes de servizos públicos, soterrando as liñas aéreas existentes.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.