O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Educación, homenaxea a Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026, cun mural conmemorativo colocado esta mañá no muro do edificio Campo da Feira do CEIP Calvo Sotelo. As intensas chuvias do mes de maio obrigaron a pospoñer a instalación da pintura, realizada por Ozocogz. A imaxe da escritora e xornalista galega colocouse ao lado do mural das Letras Galegas 2025, adicado ás cantareiras.
Homenaxe a Begoña Caamaño cun mural no edificio Campo da Feira do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño
Mural finalizado no Concello do Carballiño en homenaxe á autora á que se lle adicou este ano o día das Letras Galegas

