PUBLICIDADE

Concello de Ferrol e Acouga únense na defensa dos dereitos da infancia

PorBisbarra

Martes, 2 Xuño 2026 , , , , ,
Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá na casa consistorial un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), Cristina Gómez, que establece un marco de colaboración gratuíta entre o Concello e a entidade no desenvolvemento de programas de atención, formación e difusión relativas ao sistema de protección á infancia.

O rexedor saudou a suscripción deste documento, co que a Administración local poñerá a disposición de Acougo os espazos e recursos municipais que a entidade poida necesitar para o desenvolvemento das súas actividades. Ademais, “colaboraremos na promoción e difusión das iniciativas que impulse Acougo para que o seu labor chegue ao maior número posible de persoas”, tal e como recolle o convenio.

“O acollemento familiar é unha das ferramentas máis valiosas, sendo a fórmula prioritaria de protección cando un neno, nena ou adolescente se atopa nunha situación de desamparo”, manifestou Rey Varela, e “Ferrol é unha cidade solidaria e comprometida, e estou seguro de que este convenio será moi beneficioso para ambas partes, pero sobre todo para quen realmente importa: os nenos, nenas e adolescentes que precisan apoio, protección e oportunidades”.

PUBLICIDADE

Pola súa banda, a presidenta de Acougo, destacou as diferentes modalidades existentes de acollemento familiar, un recurso de protección temporal e revocable, que pode ser permanente, temporal e mesmo de día ou tempo parcial. Así mesmo, fixo fincapé no dereito de todo neno a desenvolverse nunha contorna familiar. Todas as persoas interesadas en informarse ou aprender máis sobre o acollemento familiar e as actividades de Acougo, poden consultar a súa páxina web, www.acougo.gal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.