PUBLICIDADE

Inaugurado o camping As Cabazas en Covas

PorBisbarra

Luns, 7 Xullo 2025 , , ,
O camping inaugurouse tras finalizar as obras de mellora integral.O camping inaugurouse tras finalizar as obras de mellora integral.

O camping As Cabazas, na ferrolá parroquia de Covas, inaugurouse esta mañá tras as obras de mellora integral levadas a cabo nos últimos meses. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron á apertura.

“Atópase nun lugar privilexiado que. sumado á importante reforma levada a cabo, convérteo nun referente e nunha parada obrigada para as persoas ás que lles gusta acampar e desfrutar da natureza”, afirmou o rexedor ferrolán. Como novidade, este ano estas instalacións estrean o Glamping atlántico, con tendas totalmente equipadas para dúas ou seis persoas.

Pola súa banda, Aneiros aproveitou para poñer en valor a relevancia de ter recursos en Ferrol que dean resposta á crecente demanda turística que se está a producir dende hai un tempo. Así mesmo, desexou sorte e éxito aos responsables da empresa que xestiona o camping.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.