PUBLICIDADE

“Jorge y Cloe. El enigma de los números gigantes” preséntase no Sporting Club Casino

Cartel da presentación que terá lugar a semana que vén na cidade da Coruña

O vindeiro venres 15 de maio, o Sporting Club Casino da Coruña acollerá a presentación de “Jorge y Cloe. El enigma de los números gigantes”, un libro infantil que combina aventura e divulgación para achegar a economía aos máis novos. Escrito por Vanessa Lorenzo, este volume —segundo dunha colección de divulgación científica dirixida ao público infantil— propón unha viaxe a Numerikópolis, un mundo fantástico onde os números e a economía forman parte da vida cotiá.

A través desta historia, os lectores descubrirán conceptos como o PIB, a inflación, o emprego, as exportacións e importacións ou o tipo de cambio, integrados de forma natural na narración. A trama segue a Jorge e a súa amiga Cloe, quen, xunto a outros compañeiros, reciben unha misteriosa invitación para penetrarse neste universo. Alí deberán resolver enigmas e enfrontarse a retos relacionados coa xestión de recursos, a toma de decisións ou o valor das cousas, guiados por un peculiar profesor que lles mostrará como a economía inflúe no día a día.

A presentación terá lugar o venres 15 de maio ao 18.15 h no Sporting Club Casino (Rúa Real, 83, Salón de Actos), nun evento pensado para familias e orientado a fomentar a lectura compartida e o interese pola ciencia desde idades temperás. A idade recomendada do libro é de 8 a 11 anos. Como complemento á actividade, EnxeñoLabs organizará xogos e actividades infantís antes do inicio do acto e tamén ao finalizar a presentación.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.