PUBLICIDADE

Transplantadas sete camelias da praza de Rosalía en Ferrol para a súa conservación e reutilización en novos espazos verdes

Camelia da praza Toxos e Froles

A concellería de Servizos, a través da empresa de mantemento de zonas verdes, vén de completar o transplante de sete exemplares de Camellia japonica procedentes da zona verde da praza de Rosalía, actualmente en obras.

Esta actuación responde a unha estratexia de aproveitamento e conservación dos recursos naturais, permitindo manter estes exemplares arbustivos en condicións axeitadas e integralos en novos espazos da cidade, afirmou o concelleiro de Servizos, José Tomé. En concreto, catro camelias foron trasladadas á rúa Río Xubia, unha á praza de Toxos e Froles e dúas á praza de Jorge Borrow.

Ademais, no marco desta intervención tamén se levou a cabo a recuperación de mobiliario urbano, reforzando o compromiso do Goberno local coa sustentabilidade e a reutilización. Catro bancos foron trasladados ao paseo marítimo de Doniños, previamente foron lixados e pintados para a súa posta a punto. Así mesmo, recolocáronse os bancos retirados da zona próxima ao piñeiral.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.