PUBLICIDADE

Laktis pechou a súa folla de roteiro para levar a sustentabilidade á realidade das ganderías de leite

PorBisbarra

Mércores, 17 Xuño 2026 , , , ,
Laktis pechou o seu calendario con esta xornada en Ribadeo

O proxecto Laktis celebrou en Ribadeo a súa xornada final baixo o título “Menos pegada, máis futuro: sustentabilidade práctica para o sector lácteo”, un encontro concibido como demo day que reuniu no CFEA Pedro Murias a un centenar de asistentes, entre gandeiros, técnicos de cooperativas, industrias, administración, centros de coñecemento e empresas provedoras de solucións, e axentes de innovación.

A cita puxo o foco na pegada de carbono, a descarbonización e a sustentabilidade real en granxa, co obxectivo de compartir aprendizaxes, presentar resultados e avanzar en recomendacións útiles para o sector lácteo, tras as diferentes xornadas técnicas celebradas en Galicia e Asturias ao longo do proxecto.

Laktis iniciou o seu calendario de actividades co obxectivo de acelerar a transición cara a unha gandería láctea máis sostible, baixa en carbono e aliñada cos retos da Política Agraria Común. Durante o seu desenvolvemento, o proxecto traballou directamente con ganderías galegas e asturianas para validar ferramentas de medición de pegada de carbono, identificar casos piloto, promover estratexias de mitigación de emisións e elaborar unha Guía Branca de boas prácticas orientada a facilitar a toma de decisións no sector.

UNHA GUÍA PARA CONVERTER A SUSTENTABILIDADE EN DECISIÓNS DE GRANXA

PUBLICIDADE

Un dos momentos centrais do encontro foi a presentación da Guía Branca Laktis, un dos principais resultados do proxecto. Victoria Carballeira, sustainability project xestor en Medrar Innovation Office, expuxo as mensaxes crave do documento, elaborado a partir do traballo realizado durante os últimos meses e coas ganderías e o medio rural como eixo central das recomendacións.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.