PUBLICIDADE

Licitada a rehabilitación de tres edificios en Ribadavia para vivendas protexidas

O programa Rexurbe da Xunta de Galicia promove a rehabilitación de inmobles en cascos históricos para destinalos a vivenda pública en réxime de alugueiro accesible.O programa Rexurbe da Xunta de Galicia promove a rehabilitación de inmobles en cascos históricos para destinalos a vivenda pública en réxime de alugueiro accesible.

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), abriu o proceso de licitación para a rehabilitación de tres edificios situados no casco histórico de Ribadavia. Estas intervencións darán como resultado nove novas vivendas de promoción pública. Asi, o Goberno autonómico contribúe á revitalización e restauración do centro urbano e o aumento oferta de vivenda accesible na vila.

As intervencións previstas inclúen a rehabilitación dun edificio na Praza García Boente, 1. Así pois, investirase 1,7 millóns de euros para habilitar cinco vivendas. Deste importe, 226.818 euros proceden de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR).

Así mesmo, tamén se levará a cabo a rehabilitación doutros dous edificios situados na Rúa Cervantes e na Praza San Xoán. Neste caso darán lugar a catro vivendas máis, cun orzamento conxunto de 990.892 euros.

PUBLICIDADE

Ademais de vivendas, o edificio que se rehabilitará na Praza de San Xoán tamén contará con 2 rochos. O da Praza García Boente sumará ás vivendas 5 rochos e 1 local, que tamén son obxecto da actuación.

PROGRAMA REXURBE

Estas actuacións enmárcanse no programa Rexurbe, a través do cal a Xunta de Galicia promove a rehabilitación de inmobles en cascos históricos para destinalos a vivenda pública en réxime de alugueiro accesible. Ata o momento, no marco deste programa, a Administración autonómica adquiriu 94 inmobles en once concellos, que darán lugar a 167 vivendas públicas. Destas, 33 xa están finalizadas e unha decena están en obras.

Deste xeito, as obras as rehabilitacións no casco histórico do Concello de Ribadabia contan cun prazo de execución de 15 meses no caso do edificio da Praza de García Boente e de 18 para os situados na Rúa Cervantes e na Praza San Xoán. Ambas actuacións están cofinanciadas pola UE.

Ademais de fomentar a construción de vivenda social, esta iniciativa tamén pretende aumentar a eficiencia enerxética dos edificios. Neste sentido, o contrato inclúe requisitos en materia de sostibilidade ambiental e establece compromisos para garantir a adscrición de medios técnicos e profesionais á execución das obras. Así, contribúese ao desenvolvemento sustentable e á mellora da calidade de vida da cidadanía.

O proceso de contratación está xa aberto. As empresas interesadas na licitación poden presentar a súas ofertas ata o 24 de febreiro de 2025, a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Así, prevese que as novas vivendas estean dispoñibles antes de que remate 2026.

Con esta actuación, a Xunta e o Concello de Ribadavia reafirman o seu compromiso coa rehabilitación do patrimonio urbano e co acceso á vivenda pública en condicións accesibles e sostibles na localidade. Ademais, supón un impulso á fixación de poboación no municipio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.