PUBLICIDADE

Melloras de varios treitos da AC-223 ao seu paso por Mesía

PorBisbarra

Luns, 13 Xullo 2026 , , , ,
Do Campo visitou as obras que se están levando a cabo no firme

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitaron a zona na que se están levando a cabo melloras no firme da estrada AC-223 ao seu paso polo Concello de Mesía, cunha inversión prevista dun millón de euros.

A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permitirá actuar en varios treitos desta vía autonómica ao longo de máis de 13 quilómetros, renovando unha infraestrutura moi utilizada tanto polos veciños e veciñas como polos numerosos vehículos que circulan diariamente por esta zona.

A delegada incidiu en que a Xunta continúa dando resposta ás necesidades de conservación da rede autonómica de estradas, priorizando aqueles puntos nos que o paso do tempo e o uso continuado fan preciso renovar o firme para garantir unha circulación en mellores condicións.

PUBLICIDADE

OBRAS A REALIZAR

As obras que se están a executar en Mesía se adaptan ao estado de conservación de cada tramo. Naqueles puntos onde non se considera necesaria unha actuación de maior entidade, realizase a regularización das zonas máis deterioradas, especialmente aquelas afectadas por rodeiras e deformacións da sección transversal da calzada, mediante a aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente e se executa un recrecido do firme en toda a calzada cunha capa de 5 centímetros de espesor deste mesmo material.

Pola súa banda, nas zonas que presentan danos estruturais máis significativos, como rodeiras profundas, afundimentos ou fisuras, se están realizando fresados do firme existente ata unha profundidade de 5 centímetros. Posteriormente, procédese á reposición do pavimento coa mesma mestura bituminosa e espesor. Nos tramos situados fóra das zonas urbanas, compleméntase esta actuación cunha regularización do carril mediante a execución dunha capa de microaglomerado.

Nos treitos nos que se detecta unha maior presenza de accesos a vivendas, aparcadoiros ou bordos, estanse a acometer fresados en cuña de 2 metros de ancho desde o límite da actuación, seguidos da reposición do firme mediante de 5 centímetros de espesor en ancho completo de carril.

 A actuación na estrada AC-223 contempla tamén actuacións, ademais de en Mesía, en Carral e Abegondo ata un total de 17 quilómetros.

Nalgúns treitos é necesario combinar varias destas solucións técnicas, executando unha eliminación parcial e reposición do firme seguida dun recrecemento da capa de rodaxe, co fin de ofrecer unha resposta máis eficaz ás necesidades específicas de cada tramo.

No caso da actuación en Mesía, forma parte dun proxecto conxunto para actuar en 6 estradas da provincia ao seu paso por 12 concellos (Cambre, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Cerceda, Curtis, Mesía, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar), cun investimento de máis de 3,3M€.”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.