PUBLICIDADE

Música e degustacións para celebrar a XVIII Festa da Troita en Oroso

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a Feira Galega de Artesáns, que se celebraba pararela á Festa da Troita en Oroso

Onte celebrouse o día grande da Festa da Troita. Xogos tradicionais e música completaron a programación de exaltación deste peixe que foi degustado por milleiros de visitantes que visitaron a localidade de Oroso.

Dende a organización estiman que foron 500 quilos de troita os que se repartiron na xornada dominical que se sumaron aos 300 servizos o sábado. A celebración, declarada de Interese Turístico Galego, congregou a persoas chegadas de tódolos lugares da nosa comunidade.

FEIRA GALEGA DE ARTESANÍA DE SIGÜEIRO

PUBLICIDADE

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse ata a Feira Galega de Artesáns de Sigüeiro (Oroso), que se celebra coincidindo coa XVIII Festa da Troita. Na feira, participaron 13 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e especializados na marroquinería, na bixutería, na serigrafía, no téxtil e na manipulación de papel.

En concreto, trátouse dos obradoiros Laura Gallardo (Santiago de Compostela), D Rositas (Rois), Casperlota (Paderne), Barro&Co (Vilarmaior), Chueco (A Coruña), Jerolas (Curtis), Azulgris (Ferrol), Dona Formiguiña (A Estrada), Art Design (Lugo), Como pez en el agua (Vigo, Liño e lá (Gondomar) e os obradoiros Silvereira e Joiasos, procedentes de Ames.

A Feira Galega de Artesáns estivo organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA) co apoio da Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia, e forma parte dun calendario de feiras de venda directa que se van desenvolver en diferentes localidades galegas ata o mes de setembro. Esta colaboración realízase a través dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e AGA co obxectivo de impulsar a comercialización do produto artesán galego, consolidar a marca Artesanía de Galicia e dinamizar o comercio e o turismo en diferentes localidades. 

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.