O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, trasladouse esta mañá ao Casino Ferrolano con motivo da colocación dunha placa conmemorativa do 100 aniversario da inauguración da sede da institución no número 100 da rúa Real.
O alcalde foi recibido polo presidente do Casino Ferrolano, Alberto Vázquez, e por Miguel Brotóns, compositor do himno oficial da entidade.



