PUBLICIDADE

O alcalde de Melide defende a necesidade de acometer un proxecto que poña fin ao problema da acumulación de lodos no Furelos

O rexedor acompañou hoxe á conselleira de Medio Ambiente na visita ás actuacións de mellora da conectividade fluvial en execución na praia de Furelos

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, defendeu hoxe a necesidade de acometer un proxecto que poña fin ao problema da acumulación de lodos na praia fluvial de Furelos. Así o expuxo nunha visita ás actuacións de mellora da conectividade fluvial en execución na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, varios membros do equipo de Goberno e persoal de Augas de Galicia, entidade responsable do proxecto e das obras.

O rexedor recordou na súa intervención que o proxecto, que financia a Unión Europea, foi sometido a exposición publica durante o trámite ambiental e non recibiu ningunha alegación.

Así mesmo, ambos recordaron que foi revisado e avalado por técnicos municipais e autonómicos e que conta con informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Patrimonio Natural e Instituto de Estudos do Territorio.

PUBLICIDADE

Ambas as administracións coinciden en que a solución proposta por Augas de Galicia contribúe a mellorar considerablemente as condicións ambientais e ecolóxicas do río, que son as de maior prevalencia para os intereses colectivos a protexer.

Petición á conselleira

O rexedor aproveitou a visita da conselleira para pedirlle acondicionar os vestiarios e baños das piscinas, unha demanda que a responsable de Medio Ambiente se comprometeu a relizar.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.