Presentouse na casa do Concello de Toques un evento exclusivo que terá esta localidade como sede para levar a cabo o seu programa: o Amoriño Fest.
Terá lugar no coñecido restaurante Xaneiro de Toques e terá como obxetivo principal que os seus participantes, independentemente da súa condicións sexual e a súa idade, teñan unha oportunidade para atopar a súa media laranxa ou unha persoa coa que compartir experiencias na vida.
Á presentación, acudiu o alcalde de Toques, Ángel Penas, Juan Lojo, principal impulsor desta iniciativa, e representantes do local de hostalería local no que vai a desenvolverse esta primeira edición do Amoriño Fest.
O rexedor toquense explicou que “é un orgullo para min que este proxecto se poña en marcha de maneira pioneira no noso Concello, vendo o programa penso que esta iniciativa vai ter éxito asegurado. Unha boa idea que agardo que perdure no tempo e poña a Toques no mapa. Este tipo de iniciativas adoitan a poñerse en marcha nas zonas urbanas, e é un auténtico placer que se elixira o rural para levala a cabo”.
Pola súa banda o principal organizador do Amoriño Fest, Juan Lojo, agradeceu o apoio do Concello de Toques para que esta iniciativa sexa unha realidade. Fixo fincapé en que “ nin en Galicia nin en España hai nada parecido e é un orgullo poder facelo aquí. Queremos que se consolide no tempo ata chegar a ser referente en todo o territorio nacional”. Lojo engadiu que “non queremos facer a típica comida de solteiros e solteiras, no noso cartel hai un código QR que te leva a un cuestionario e intentaremos buscar a complicidade dos asistentes”.
Será unha celebración chea de sorpresas que se irán desvelando nas redes sociais deste evento. Terá lugar o sábado 19 de outubro e comezará ás 10h da mañá. O programa comprende actuacións musicais, tuppersexs, monologuistas, seguindo dun longo ecétera.
Representantes do Restaurante Xaneiro tamén acudiron a esta presentación para amosar o seu agradecemento “xa que se pensara no noso local para poñer en marcha algo tan novidoso énchenos de orgullo”.
FESTIVAL DO AMOR
Os organizadores teñen como obxetivo realizar un “Festival do amor” onde ofrecerán aos participantes unha zona de acampada para poder pasar a noite en tenda ou autocaravana no concello toquense. O evento pretende reunir a máis de 300 persoas chegadas dende todos os recunchos do territorio nacional.