PUBLICIDADE

O Bertón albergará 75 novas vivendas de promoción pública

PorBisbarra

Luns, 12 Xaneiro 2026 , , ,
A Xunta construirá 75 novas vivendas de promoción pública na parcela 11 do polígono do Bertón.A Xunta construirá 75 novas vivendas de promoción pública na parcela 11 do polígono do Bertón.

A Xunta de Galicia construirá 75 novas vivendas de promoción pública na parcela 11 do polígono do Bertón. Con este motivo, a conselleira de Vivenda e Planificación do Territorio, María Martínez; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron o lugar.

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia investirá preto de 14 millóns de euros no inmoble, que se configurará en tres bloques, con prazas de aparcamento e rochos.

A maiores, xa están en obras no Bertón outros dous bloques de 49 e 58 vivendas públicas.
A maiores, xa están en obras no Bertón outros dous bloques de 49 e 58 vivendas públicas.

Rey Varela agradeceu o “impulso á rexeneración urbana de Ferrol” da Xunta. Nesta liña, asegurou que “se traducirá nun incremento substancial do parque público de vivenda na cidade, en novos espazos pensados para vivir e nunha contorna que favorece a cohesión social e a conectividade entre barrios”.

PUBLICIDADE

Na actualidade xa están en obras no Bertón dous bloques de 49 e 58 vivendas. Asemade, hai proposta de adxudicación a redacción do proxecto doutro bloque de 58 vivendas. Na suma das diferentes promocións, a Xunta de Galicia ten en marcha 353 novas vivendas públicas en Ferrol, tal e como destacou a conselleira.

Deste xeito, amplíase o parque de vivenda en Ferrol co obxectivo de atender a demanda real daquelas persoas e familias que queren instalarse e medrar na cidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.