PUBLICIDADE

San Sadurniño denuncia os depósitos ilegais de voluminosos

PorBisbarra

Luns, 12 Xaneiro 2026 , ,
San Sadurniño apelaá responsabilidade veciñal para empregar os medios legaisde desfacerse de voluminosos.San Sadurniño apelaá responsabilidade veciñal para empregar os medios legaisde desfacerse de voluminosos.

O Concello de San Sadurniño denuncia a reprodución periódica dun punto de vertedura ilegal preto do límite con Narón. Nun punto de paso moi frecuentado e relativamente resgardado, cada certo tempo aparecen portas, botes de pintura, sofás, mobles e outros obxectos ao pé dos colectores.

Estas verteduras ilegais son “actos sancionables con multas cuantiosas e os seus efectos repercuten negativamente no ambiente e na paisaxe, ademais de supoñer un gasto importante para o Concello ao ter que dedicar medios para a retirada e tratamento axeitado destes refugallos”. Neste sentido, o Goberno de San Sadurniño fai unha chamada á concienciación veciñal para que se utilice o servizo gratuíto de recollida de voluminosos, dispoñible chamando ao 981 490 027. Asemade, anima á cidadanía a denunciar estes casos na Garda Civil.

SAN SADURNIÑO APOSTA POLA SOSTIBILIDADE

A administración local avoga por dar unha segunda vida aos obxectos arranxándoos ou doándoos no posible. Se finalmente cómpre desfacerse do voluminoso, ofrecen tres opcións. En primeiro lugar, levalo ao Punto Limpo de Narón, co que San Sadurniño ten convenio. En segundo lugar, depositalo no Punto Limpo móbil co que conta o Concello, que estará estacionado temporalmente na Praza Ramón Díaz Raña desde o 2 de febreiro. Finalmente, chamar ao Concello para que recollan o obxecto na porta da casa.

PUBLICIDADE

Para solicitar a recollida domiciliaria de voluminosos só hai que chamar ao 981 490 027. Cando se xunten varios avisos para planificar a ruta, o Concello indicará que día se recollerán.

No tocante ao Punto Limpo de Narón, está aberto de luns a venres de 9:00 a 13:00h e de 16:00 a 19:00h, mentres que os sábados atende de 9:00 a 14:00h.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.