O pleno do Concello de Ortigueira aprobou en sesión extraordinaria por unanimidade a adhesión ao POS+ Adicional 2026 para gastos sociais extraordinarios. Así, Ortigueira recibirá este ano por parte da Deputación da Coruña 136.604,87 euros. Estes serán destinados a cubrir gastos derivados da xestión e prestación dos servizos sociais, unha das principais bandeiras das políticas municipais.
Desde o Gobierno local destacan que “esta achega permitiranos seguir prestando determinados servizos que cremos fundamentais para Ortigueira e as persoas que máis precisan a nosa axuda”. Afirman que “tamén se utilizará parte deses cartos para prestar atención ás axudas técnicas das auxiliares para mellorar as súas condicións de traballo”. Esta proposta foi trasladada polo colectivo e “dende o grupo de goberno corresponderemos”.
A maiores, no pleno tamén saiu adiante a ocupación de montes propiedade do Concello de Ortigueira para o desenvolvemento do proxecto do parque eólico Coriscada, promovido pola empresa SEMOSA.




