PUBLICIDADE

O Carballiño mellora a drenaxe no estacionamento do Parque Municipal

A obra da drenaxe do aparcadoiro do parque municipal do Carballiño foi financiada por Augas de Galicia.A obra da drenaxe do aparcadoiro do parque municipal do Carballiño foi financiada por Augas de Galicia.

O Concello do Carballiño vén de recepcionar as obras de mellora da drenaxe de augas pluviais no aparcamento do Parque Municipal. Dita intervención era necesaria para resolver as acumulacións de auga que se producían puntualmente durante episodios de choiva intensa.

A concelleira de Medio Ambiente e Termalismo, Elvira Torres, salienta que “esta actuación permitiu solucionar un problema histórico no estacionamento, gañando en seguridade e comodidade para os veciños, veciñas e visitantes que utilizan este espazo a diario”. A obra foi financiada integramente por Augas de Galicia.

A intervención incluíu a mellora da recollida de augas pluviais mediante a construción dunha arqueta de reunión. Ademais, instalouse unha nova tubaxe de condución e un sumidoiro na zona pavimentada. Finalmente, colocouse unha canalización que leva a auga directamente ao río Arenteiro. Todos estes traballos completáronse dentro do prazo previsto.

PUBLICIDADE

“Desde o Concello seguimos apostando pola mellora dos servizos públicos e agradecemos a colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento das obras”, engadiu Torres.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.