PUBLICIDADE

Santiago acolleu o IV Foro Académico “Innovar para transformar”

PorBisbarra

Martes, 9 Decembro 2025 , , , ,
Foto de familia da inauguración do foro

No Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela celebrouse o IV Foro Académico “Innovar para Transformar” organizado conxuntamente pola Unión de Estudantes e Investigadores chineses en España, a Embaixada da República Popular China en España, a Asociación dos Chineses en Galicia, a Asociación dos Chineses Universitario en Galicia e Vigo e a Xunta de Galicia.

Esta actividade reuniu a unha centena de investigadores e novos estudantes de China e España, que ao longo das sesións do Foro profundaron no intercambio de ideas sobre diversos temas, como intelixencia artificial, urbanismo, protección do patrimonio cultural e innovación tecnolóxica.

A Cerimonia de Apertura contou coa intervención de José Antonio Constenla (coordinador Académico do Foro), Han Yu (Presidente da Unión de Estudantes e Investigadores chineses de España e Galicia), Carmen Cotelo (Directora da Axencia Galega de Inmovación), Juan Manuel Vieites (Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia), Antonio López (Reitor da USC) e de Xun Qu (Ministro Conselleiro da Embaixada de China en España).

PUBLICIDADE

No seu discurso, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, sinalou que o cambio tecnolóxico expón profundos desafíos ao sistema educativo, eloxiou o importante investimento e os logros de China en educación superior e expresou o seu desexo de profundar a cooperación coas universidades chinesas en investigación científica, formación doutoral e outras áreas no futuro.
Xun Qu, Ministro Conselleiro da Embaixada de China en España, pronunciou un discurso no que felicitou ao foro por converterse nunha importante plataforma para promover o diálogo entre a mocidade chinesa e española. Como base para mellorar a cooperación bilateral en educación, cultura, ciencia e tecnoloxía.

Tras a apertura empezaron as sesións do Foro que deron comezo coa Conferencia Inaugural do Director do Instituto Confucio da Universidade de Salamanca, o Profesor Jinjing Xu que disertou acerca de “Inscricións en Ósos Oráculo e Historia da Dinastía Shang”. A continuación celebrouse unha Mesa Redonda que levaba por título “Tecnoloxía e intelixencia artificial: motor do cambio no século XXI”, que contou coa participación de Senén Varro (Ex Reitor da USC e Director do CITIUS), Yuan Gao (The London School of Economics and Political Science) e Miguel Abel (Catedrático de Dereito Penal da USC).

O conselleiro de Educación da Embaixada de China en España, Yongfeng Hou, ofreceu a Conferencia “Innovación Educativa e Cooperación Global: A Práctica e as Perspectivas da Educación en Innovación e Emprendemento en China”, na que destacou que China comprometeuse con incorporación da educación en innovación e emprendemento no seu sistema de formación de talento para impulsar o desenvolvemento nacional da innovación, o que situou a China entre os líderes do panorama mundial da innovación.

Unha mesa redonda titulada “Urbanismo intelixente e sostible: Cara a unha nova vida urbana” permitiu o intercambio de reflexións acerca dos retos e as innovacións da planificación urbana na protección do patrimonio, a gobernanza pública e a aplicación da tecnoloxía. Contou coa presenza do concelleiro de Santiago de Compostela, José Antonio Constenla e os arquitectos Natalia Alvaredo e Ángel Panero.

Na sesión “Iniciativas de Innovación”, as institucións do ecosistema de innovación de investigación e empresas galegas: CESGA (Centro Galego de Supercomputación de Galicia), CITIUS (Centro de Tecnoloxías Intelixentes) e a xestora de fondos de investimento Noso Capital, explicaron o seu campo de traballo. Pola tarde tivo lugar o Foro de Mozos Académicos onde, onde se presentaron 15 proxectos de investigación seleccionados nas universidades de Vigo, Alcalá, Selecta, Estudos Internacionais de Shanghái (China), Carlos III, Autónoma de Madrid, Ciencias e Enxeñería de Sichuan (China), Politècnica de Catalunya, Salamanca, Pompeu Fabra e Sevilla. Os temas abordados incluíron a interpretación médica chinés-occidental, a investigación bibliográfica, as políticas lingüísticas comparativas, a tecnoloxía de condución autónoma, a innovación en moda ecolóxica, a tradución automática etc.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.