PUBLICIDADE

O Carballiño renova os semáforos de máis tránsito

O Carballiño investiu 80.000 euros na renovación de dous grupos semafóricos con gran tránsito.O Carballiño investiu 80.000 euros na renovación de dous grupos semafóricos con gran tránsito.

O Concello do Carballiño renovou o grupo semafórico do cruce das rúas Curros Enríquez e Rosalía de Castro. A Concellería de Seguridade enmarca a actuación no proxecto de modernización dos semáforos con maior densidade de tráfico da vila. Neste tamén se inclúe o grupo de sinais de Catro Camiños.

“Trátase dunha medida moi necesaria para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade dos peóns en puntos nos que se xuntan moitos vehículos e moitos viandantes”, explica Alberto Otero, edil de Seguridade. Ambas intervencións supuxeron un investimento total de 80.000 euros.

Estas renovacións súmanse a outras medidas tomadas nos últimos meses para reforzar a seguridade viaria do Carballiño. Outro exemplo é o repintado de pasos de peóns en numerosas vías da vila.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.