PUBLICIDADE

O Concello de Brión inviste 219.000 euros nas obras de mellora do viario de Coruxido a Sabaxáns

PorBisbarra

Martes, 23 Xuño 2026 , , , , ,
Prevese que as obras estean rematadas este verán

O Concello de Brión vén de iniciar as obras de mellora dunha estrada de algo máis de 3 km que une as aldeas de Coruxido e Sabaxáns, na parroquia de Bastavales. Uns traballos nos que inviste 219.000 euros, con cargo ao Plan Complementario do POS+ da Deputación da Coruña, e que agarda ter rematados a finais de verán.

O concelleiro de Obras, Antonio Vidal, explica que “empezamos coa apertura de gabias e limpeza de salvagabias, ademais de mellorar os cruces de augas a través da colocación de marcos prefabricados. Despois faremos unha cuneta de seguridade duns cen metros na parte máis próxima ás vivendas e despois melloraremos todo o viario con aglomerado en quente, previo bacheo de toda a estrada”.

Os traballos inclúen a mellora da capa de rodaxe dunha estrada de máis de 3 quilómetros, que será acometido en sete treitos. En total, actuarase sobre unha superficie de 12.735 metros cadrados. As obras inclúen tamén a colocación da correspondente sinalización horizontal e vertical, incluíndo o pintado das liñas de bordo da estrada.

PUBLICIDADE

Antonio Vidal salienta que “a estrada arranxarase en aglomerado en quente e agardamos que estea lista a finais deste verán”:

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.